top of page
Foto del escritorLaura Moure

Xa en librerías ‘O gran libro do Cocido Galego e da súa capital, Lalín’ de Ézaro Ediciones

Galardonado co XXX Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro


Laura Moure/Lalín

Cando se van a cumprir catro anos desde que a Festa do Cocido de Lalín fose declarada de Interese Turístico Internacional, Ézaro Edicións rende homenaxe a este prato tan característico da nosa gastronomía coa publicación de O gran libro do Cocido Galego e dá súa capital, Lalín, un amplo e minucioso traballo escrito polo catedrático de Literatura Comparada da Universidade da Coruña José María Paz Gago, e que acaba de ser galardoado co XXX Premio de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro.


Publicidade

O volume fai un repaso pola historia do cocido, os seus ingredientes, tempos de cocción, os viños ou as sobremesas que acompañan ás viandas, para posteriormente levarnos de viaxe por España facendo unha descrición doutros cocidos rexionais, como son o montañés, maragato, andaluz ou madrileño, que incorporan variantes igual de exquisitas que o noso colorido prato gastronómico por excelencia.


Publicidade

Ademais, conta con multitude de referencias literarias de obras de autores como Emilia Pardo Bazán, Miguel de Cervantes, Leopoldo Alas ‘Clarín’, Álvaro Cunqueiro, Garcilaso de la Vega, o gastrónomo ‘Picadillo’ ou o antropólogo Lévi-Strauss entre outros.


O libro, publicado en edición bilingüe galego e inglés, complétase con máis dunha trintena de fotografías asinadas por Moncho Fuentes e Rodrigo Bahamonde, e finaliza coa receita oficial para facer un bo cocido, en palabras do autor, “unha proeza verdadeiramente heroica, case épica, e unha empresa gastronómica portentosa”, que ademais contén os beneficios da dieta atlántica grazas, entre outras cousas, ás verduras e legumes. A pesar de que é un prato que estivo ligado á cociña tradicional, pode reinventarse ao estilo gourmet, de feito Paz Gago sinala que “con este libro quixen desmontar tópicos e dar unha nova imaxe do prato estrela da gastronomía galega: o Cocido é saudable e sofisticado”.


Publicidade

Hai apenas uns días, a publicación era recoñecida co XXX Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro”, promovido polo Concello de Lalín en colaboración coa Facultade de Ciencias da Comunicación dá Universidade de Santiago de Compostela, as asociacións gastronómicas galegas e Axencia Turismo de Galicia e que está catalogado como o premio gastronómico máis importante de España.

Reseña do autor

José María Paz Gago é catedrático de Literatura Comparada da Universidade da Coruña e membro electo da Academia Galega de Gastronomía. Como comparatista, ocúpase da relación da literatura con outros sistemas de expresión artística como o cinema, a moda ou a arte culinario. Especialista na obra de escritores como Emilia Pardo Bazán, Ramón María del Valle-Inclán, Manuel Curros Enríquez ou Álvaro Cunqueiro, ten publicados cinco poemarios, traducidos a máis dunha ducia de idiomas dúas novelas e numerosos ensaios. Premio Xornalismo Pérez Lugín, conta tamén co Premio Internacional de Poesía Claudio Rodríguez, o Premio Gustavo Adolfo Bécquer e o Premio Sial de Ensaio.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page