top of page

Volve o 27 e 28 a Monterroso o festival Agrocuir que reivindica a diversidade sexual e de xénero

É un evento musical, artístico e cultural que terá lugar en distintos espazos da localidade


Laura Moure/Monterroso

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presentou este luns no Pazo de San Marcos unha nova edición do Festival Agrocuir, que se celebra esta fin de semana, do 27 ao 28, no concello de Monterroso. A Deputación de Lugo volve apostar por esta cita que reivindica a diversidade sexual e de xénero no rural a través dun evento musical, artístico e cultural.


No acto de presentación, a deputada estivo acompañada polo presidente da Asociación Agrocuir da Ulloa, Adrián Gallero Moreiras, ademais de outros membros da entidade.

“A sétima edición de Agrocuir mantén a mesma filosofía que en anos anteriores: construír espazos que acollan cada vez a máis persoas”, sinalou García Porto e destacou que contribúe a difundir e a poñer en valor a riqueza patrimonial da provincia e, ao mesmo tempo, dinamiza a vida social e a economía no rural.

A Deputación de Lugo colabora con esta cita financiando o concerto de Xosé Lois Romero & Aliboria, que terá lugar a noite do sábado na rúa Benigno Vázquez, de Monterroso. A deputada de Promoción do Territorio e Turismo explicou que citas coma esta “poñen en evidencia o que defendemos dende a Deputación. O noso rural está cheo de xente con ideas e con propostas innovadoras. O que necesita son políticas públicas para axudar a que saian adiante”.


Rematou convidando a Monterroso á veciñanza para “que se deixen sorprender polas numerosas actividades que se levarán a cabo no Festival Agrocuir” e felicitou á organización por conseguir que a comarca da Ulloa “se converta durante dous días nun referente de igualdade e de loita polo noso rural”.


Programa

O evento desenvolverase en distintos espazos do concello de Monterroso. Pódese consultar toda a información na páxina web do festival: https://festivalagrocuir.wordpress.com

Venres, 27 de agosto 12:00 horas: Agrocuir en letras 17:00 horas: CUIRathlon Labrego 17:00 horas: Palestra: As cinzas que cabem no verde: uma conversa cuir à volta do “natural” 17:00 horas: Obradoiro de estampación 20:00 horas: Catuxa Salom 21:45 horas: Performance Nelu Vermouth 22:15 horas: Benvida e manifesto 22:45 horas: O Rabelo 00:30 horas: Fado Bicha 02:00 horas: Mua Dj Setembro

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Sábado, 28 de agosto 12:00 horas: Obradoiro de regueifa 12:00 horas: Obradoiro de baile tradicional 12:00 horas: Obradoiro infantil de mitoloxía e caracterización cuir 12:00 horas: Obradoiro de ioga 12:00 horas: Dianhes, Donas e Busgosos – uma exploraçom de desidentidades galaicas com jogos 13:30 horas: Sesión vermú con Cantareiros Cantigas e Frores 16:00 horas: Espectáculo: Meiga-i, grag pandereteira 17:30 horas: Teatro: Ningún hombre me llevará a la cumbre 17:30 horas: Espazo lúdico para cativada e xuventude 19:00 horas: CRNDS + Fransy González 20:30 horas: Cantos de Taberna 23:30 horas: Concerto de Xosé Lois Romero & Aliboria 01:30 horas: Sesión golfa. Yiria Imaná, Russ e Teresa Ferreiro, Neto do Rubio

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page