Ecos da Comarca/Dozón
O Concello de Dozón informou onte de que o caixeiro automático de ABANCA situado no edificio anexo ao Consistorio volve estar en funcionamento.
Este tivera que ser retirado para levar a cabo as obras de remodelación do inmoble e agora volve estar activo ao concluír estes traballos.
Comments