top of page

Volta a Silleda o Deporcampus Cabreiroá, do 10 ao 14 de xullo

Está dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos e celebrarase nas instalacións do campo municipal da Gandareira


Laura Moure/Silleda

O DeporCampus Cabreiroá volta este verán a Silleda. As actividades organizadas pola Fundación R.C Deportivo da Coruña terán lugar do 10 ao 14 de xullo próximos para os nenos e nenas de 6 a 14 anos.


Este xoves tivo lugar no Concello de Silleda a presentación desta nova edición, despois do grande éxito das campañas anteriores. As actividades terán lugar de 09:00 a 14:00 horas no campo municipal da Gandareira, na Bandeira, logo de realizarse o pasado ano en Outeiriño.

No acto participaron o alcalde en funcións, Manuel Cuíña Fernández, alcalde de Silleda, a concelleira de Deportes en funcións, Mónica González, e Pablo Barros, director das actividades formativas da Fundación RC Deportivo.


As inscricións están xa abertas ata o 5 de xullo ás 12:00 horas e deben realizarse a través da web deporcampus.rcdeportivo.es Toda a información, prezos e inscricións están dispoñibles no enlace http://deporcampus.rcdeportivo.es/es/silleda-2023/inicio

Para calquera dúbida ou aclaración pódese contactar directamente ca organización no enderezo deporcampus@rcdeportivo.es

Dende o Concello de Silleda o alcalde e a concelleira agradeceron á Fundación R.C Deportivo que sigan apostando pola localidade para celebrar este campus, que sigue sumando nenos e nenas en cada edición.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page