top of page

UxR propón un novo vial e un aparcamento como solución a reforma da calle Gumersindo Areán

Ecos da Comarca/Rodeiro

Unidade por Rodeiro propón un novo vial e un aparcamento como solución a reforma da calle Gumersindo Areán.

"A reforma da calle Gumersindo Areán xa está a ocasionar os problemas que dende Unidade por Rodeiro estábamos a denunciar: a dificultade que ten derivar o tránsito pesado a calle do Concello, a eliminación de gran número de prazas de aparcamentos e os problemas que teñen tanto feiras coma festas ao suprimir ese gran espazo aberto que supoñía a Calle Gumersindo Areán", sinala este grupo da oposición. Ante isto, dende Unidade por Rodeiro propoñen dúas actuacións "que solucionarían estes conflitos e dinamizarían o casco urbano do Concello", sinala.


"Sobre os inconvenientes que está a padecer o tránsito de vehículos pesados ou de grandes dimensións, á hora de circular pola estrada que conecta Rodeiro con Antas, propoñemos conectar este vial directamente coa de Rodeiro a Agolada, evitando así que pasen dificultades atravesando a Rúa do Concello e o “cruce do Extraloxo”. Un dos posibles emprazamentos sería facer unha estrada paralela ao parque do Río; polo visto estes terreos son viables para a construción dun novo vial", considera UxR.

Mentres, explica, "que darlle saída os problemas de limitación de prazas de aparcamento e ubicación de festas, feiras, itv… etc; propoñemos a construcción dun espazo como o denominado en Lalín “campo da feira”. Propoñeremos o Obispado de Lugo o aluguer da parcela da sua propriedade na Rúa Gumersindo Areán para destinalo a prazas de aparcamento, celebración das festas patronais, feiras, itv… Esta parcela ten case 2.600 metros cadrados, prácticamente os mesmo que o “campo da feira” en Lalín. Esta proposta pensamos que beneficiaria tanto os veciños de Rodeiro coma ao Obispado de Lugo, que tería o terreo alugado e libre de escombros mentres non se poidan comenzar as obras de construción da nova igrexa, un proxecto para o que UxR non poñerá impedimentos", recalca.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page