top of page

Uns 30 médicos da promoción do 1975 fan o Camiño Francés e ten como parada base Palas de Rei

Son de distintas especialidades e chegan desde diferentes parte da xeografía nacional


Laura Moure/Palas de Rei

Ao redor de 30 médicos de diferentes especialidades chegados de diferentes partes da xeografía nacional e estranxeira xuntáronse estes días en Palas de Rei, para facer o Camiño Francés por Lugo, concretamente a vía Künig. Todos eles, teñen en común que son exalumnos da Facultade de Medicina de Santiago de Compostela, da promoción do 1975.

Logo da xornada deste luns, na que fixeron a primeira das etapas de Roncesvalles a Pedrafita, este martes partían ás 9:00horas de Palas de Rei en autocar ata Pedrafita, para completar andando a etapa ata As Nogais, e así sucesivamente, ata percorrer o itinerario seguido por Hermann Künig de esta vía Romana do XIX, Camiño Real de Carlos III, ou camiño medieval.

O Camiño é a “medicina ideal” para que estes médicos da “Promoción do 75” da USC se reencontren anualmente aquí en Galicia, en concreto, a súa parada base é Palas de Rei, dende onde fan as correspondentes etapas diarias ata Santiago de Compostela. En anos, anteriores desenvolveron outras rutas xacobeas. Na súa estadía en Palas de Rei, onde é un dos seus integrantes, o coñecido como “doutor Fernando Pensado”, tamén aproveitan para degustar a súa variada gastronomía, na que non falta o queixo da Ulloa e visitar os monumentos máis emblemáticos como o Castelo de Pambre ou Románica Igrexa de Vilar de Donas, entre outros.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page