top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Unidade por Rodeiro alerta da "caótica situación da Sanidade" neste municipio

Sinala que "en pleno pico da incidencia da gripe quedaremos toda a semana sen médicos, unha situación moi recurrente no noso Concello, e quedaremos a expensas de se envian algún dende Lalín"


Ecos da Comarca/Rodeiro

Unidade por Rodeiro alerta da "caótica situación da Sanidade" neste municipio. Sinala que "en pleno pico da incidencia da gripe en Rodeiro quedaremos toda a semana sen médicos, unha situación moi recurrente no noso Concello, quedaremos a expensas de se envian algún dende Lalín".


Publicidade

Ademais, lamenta que os problemas empezan a acumularse. "Situacións de urxencia en persoas maiores nas que non se atenden as chamadas no centro médico; situacións nas que directamente non se antenden doentes o non consideralos urxentes, tendo estes que desprazarse ata Lalín para ser atendidos; situacións nas que persoas maiores son sacadas a choiva en camilla por non poder entrar a ambulancia, despois de prometer a mellora da accesibilidade dela".


Publicidade

Ante todo isto, Unidade por Rodeiro anima a todos os doentes "a que poñades reclamacións cando os vosos dereitos non sexan respetados. Dende o Concello tamén elabaremos as queixas e manteremos reunións con Sanidade e Xunta para que se respeten os dereitos dos nosos veciños", recalca.


Publicidade



0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page