Ecos da Comarca/Palas de Rei
![](https://static.wixstatic.com/media/e5bef901fe9e4441a521299c2cd62351.jpg/v1/fill/w_147,h_98,al_c,q_80,usm_0.66_1.00_0.01,blur_2,enc_auto/e5bef901fe9e4441a521299c2cd62351.jpg)
Unha unidade móbil da ITV de turismos estará no mes de xullo en Palas de Rei. Situarase no mercado gandeiro.
Estará do 20 ao 21 e do 26 ao 27 de xullo. O horario de atención será de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. O servizo prestarase en horario de mañá e tarde todos os días, agás o 27 que será só de mañá.
Os interesados teñen que solicitar cita previa a través do teléfono 902 30 90 00 ou da páxina web: www.sycitv.com