Ecos da Comarca/Melide
Esta tarde rexistrouse un accidente no municipio de Melide, en concreto na parroquia de Maceda. Tratouse dunha saída de vía que se saldou cunha persoa ferida.
O 112 Galicia foi avisado por Urxencias Sanitarias ás 17:35 horas e na chamada xa indicaba que unha ambulancia se dirixía ao lugar. "Sinalábanos que había unha persoa ferida, pero accesible e liberada", apunta o 112 Galicia.
O 112 Galicia informou tamén aos Bombeiros de Arzúa, á Garda Civil de Tráfico e a Policía Local.
Comentarios