Ecos da Comarca/O Pino
Este sábado rexistrouse un accidente de tráfico no municipio do Pino. No mesmo só se viu implicado un único vehículo e saldouse cunha persoa ferida.
Tratouse dunha saída de vía e tivo lugar na estrada a N-634 á altura do quilómetro 703, no lugar da Tarroeira. O 112 Galicia foi alertado ás 10:21 horas. "Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Arzúa, aínda que a persoa estaba liberada e accesible", informa o 112 Galicia.
Publicidade
Ademais, unha das persoas que pasou polo lugar indicounos a este medio que o vehículo saírase da vía e impactou contra un inmoble deshabitado. Ata o lugar tamén se desprazou a Garda Civil de Tráfico. A persoa ferida foi trasladada en ambulancia.
Comentários