Ecos da Comarca/Santiso
Este sábado pola noite produciuse un accidente no municipio de Santiso no que se viu implicado un único vehículo e que se saldou cunha persoa ferida. O 112 Galicia foi alertado ás 22:34 horas.
Publicidade
Tratouse dunha saída de vía, tal e como indica o 112 Galicia, na estrada de San Román ao lugar de Riazón, á altura desta mesma parroquia. "Foi un particular o que nos chamou e nos dicía que había unha persoa ferida pero que estaba liberada e accesible", sinala o 112.
Con estes datos, deu aviso a Urxencias Sanitarias e á Garda Civil de Tráfico.
Publicidade
Comentarios