top of page

Unha muller ferida en Melide tras ser atropelada por un vehículo no garaxe da súa propiedade

O vehículo, que conducía un familiar, daba marcha atrás cando a vítima foi alcanzada

Unha ambulancia á entrada do Hospital Gil Casares de Santiago.

Autor: Ecos da Comarca


Laura Moure/Melide

O suceso ocorreu no garaxe da casa familiar, situada en O Castiñeiro, no concello de Melide e, ata o lugar, desprazáronse de inmediato os servizos sanitarios de urxencia para atender á muller que resultou ferida, tal e como informa o 112 Galicia. De feito, a escasos minutos das 15:00 horas desta tarde, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 comunicaba ao 112 Galicia que unha ambulancia dirixíase á devandita dirección, para trasladar a unha muller que resultase ferida ao ser atropelada por un coche dun familiar cando manobraba no garaxe da vivenda.


Desde o 112 Galicia informouse da situación á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil da localidade. Así mesmo, aínda que o alertante asegurou que a ferida non estaba atrapada baixo o vehículo, os xestores de emerxencias informaron igualmente os Bombeiros de Arzúa. Tamén, o 112 Galicia recibiu a comunicación, por parte do persoal sanitario, da saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, aínda que, finalmente, a muller puido ser trasladada nunha ambulancia ao centro hospitalario de referencia.


Cabe recalcar que esta información foi proporcionada polo 112 Galicia. Tal e como tamén informan desde a súa páxina https://www.axega112.gal/es/boletin-informativo/19/2021-03-11

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page