top of page

Unha muller falece en Agolada tras ser atropelada por un camión

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Agolada

O lugar do atropelo. Autor: Ecos da Comarca.

AXEGA informa dun atropelo mortal. Ocorreu na N-640, no punto quilómetrico 147 en Agolada. A muller foi alcanzada por un camión.

O camioneiro sentiu un impacto, pero tardou en darse conta que era unha persoa e non un animal debido á néboa mesta. Ocorreu pouco antes das cinco desta madrugada, segundo explicou o condutor do camión a través da súa chamada de alerta ao 112 Galicia.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Notou perfectamente o impacto, e mesmo tiña danos no vehículo, pero a néboa intensa impedía dilucidar se era un animal ou unha persoa. 


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Coa chegada dos axentes da Garda Civil de Tráfico, que recibiron o aviso por parte dos xestores do 112, confirmouse que se trataba dunha muller nova, que xacía xa sen vida. Así pois, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 só puideron confirmar o falecemento.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page