Ecos da Comarca/Vila de Cruces
Esta tarde rexistrouse un accidente no municipio de Vila de Cruces no que se viu implicado un único vehículo e que se saldou cun ferido leve. Protección Civil de Vila de Cruces foi avisado ás 18:30 horas.

En concreto, tratouse dunha saída de vía na estrada EP-6411, no quilómetro 2.200, na parroquia de Oirós. "Chegados ao lugar indicado, atopámonos cun Mercedes A180 empotrado contra un poste de cemento, do peche dunha finca", informa Protección Civil. "O condutor e único ocupante do vehículo, só presentaba un pequeno corte na fronte", engade.
Ademais de Protección Civil, ata o lugar desprazouse tamén unha ambulancia do 061. "Pero o ferido non quixo que o trasladasen a ningún centro médico", puntualiza Protección Civil. Así mesmo, tamén se achegou ao lugar, unha patrulla da Garda Civil de Tráfico de Lalín, que levantou o pertinente atestado.
Comments