top of page

Un tren de mercadorías atropela a tres vacas en Oza-Cesuras

Ecos da Comarca/Xeral

Un tren de mercadorías sufriu danos logo de atropelar tres vacas en Oza-Cesuras. O convoi permaneceu detido na parroquia de Mondoi mentres duraron os traballos dos equipos de emerxencias e, por fortuna, ningunha persoa resultou ferida, tal e como informa o 112 Galicia.

Os axentes da Garda Civil informaron do ocorrido ás 20 horas do martes, explicando que un tren de mercadorías que cubría a ruta entre León e Vigo sufrira danos logo de atropelar varias vacas á altura de Mondoi.


Publicidade

Rapidamente, desde o 112 Galicia informouse aos axentes da Garda Civil e ao persoal de ADIF, que se encargou de retirar os restos dos animais e, contra a medianoite, informaban do restablecemento da circulación polo punto.


Ademais, foron informados os Bombeiros de Betanzos e o GES de Curtis.



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page