top of page

Un STOP que chegou sen avisar a Antas de Ulla

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O alcalde do municipio pedirá explicacións ao organismo responsable que puxo esta sinal sen previo aviso na Rúa Nova e alerta de que con esta cambia a preferencia de paso


Laura Moure/Antas de Ulla

O alcalde de Antas de Ulla, Javier Varela, alertaba onte a través das redes sociais dunha nova sinal que foi instalada, segundo o mandatario, sen previo aviso, na Rúa Nova, algo que chamou a atención de máis dun veciño.

"Ollo. Moitísimo coidado. Dun día para outro e sen previo aviso, apareceu un sinal de STOP na Rúa Nova, na súa confluencia coa Rúa Rodeiro, cambiando a preferencia de paso na que levabamos ao menos anos", advirte o rexedor.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Traspaso da rúa Rodeiro

"O luns pediremos explicacións ao organismo responsable deste, como mínimo, imprudente cambio. A experiencia dos últimos anos augura unha resposta, se a houbera, pouco convincente, polo que, ao mesmo tempo, solicitaremos se lle traspase ao Concello a titularidade da Rúa Rodeiro, para poder arranxala, humanizala como é debido e traballar sobre o noso. O dito, o máis importante é ter moita prudencia na intersección estes días".




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page