top of page

Un programa integrado de emprego de Cogami remata coa inserción do 74% de participantes

Laura Moure/Xeral

Cogami remata o Programa Intregrado de Emprego que desenvolveu nas oficinas que ten nas cidades de A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago e Vigo, co fin de impulsar as condicións da empregabilidade das persoas con certificado de discapacidade e incapacidade laboral para profesión habitual, ademais de favorecer e mellorar as súas condicións laborais.

O programa chega ao seu fin despois de que un equipo técnico formado por seis profesionais de inserción laboral atendera durante este ano a 131 persoas, 76 homes e 55 mulleres, todas apuntadas na base de datos da área de Emprego de COGAMI. Por concellos, formaron parte do programa as seguintes persoas, a metade destas procedendo de municipios de ámbito rural:


Publicidade

  • A Coruña (16) Betanzos (2) Sada (1), Arteixo (3), Culleredo (1) e Cambre (3).

  • Ferrol (8), Narón (8), Neda (2), Fene (2), Pontedeume (1) e Valdoviño (1).

  • Santiago (17), Ordes (2), Melide (1), Negreira (1).

  • Monforte de Lemos (5), Sarria (3), Palas de Rei (1), Begonte (1), Meira (1), Burela (2) e Viveiro (1).

  • Ourense (11), O Barco de Valdeorras (10), Cartelle (1), A Rúa (1), Barbadás (1) e San Cibrao (1).

  • Vigo (11), A Guarda (2), Tui (1), Tomiño (1), Gondomar (1), Nigrán (2), Baiona (1), Pazos de Borbén (1) e O Porriño (2).

O Programa Integrado leva parello un compromiso de inserción por conta allea ou propia, como mínimo, do 35 % das persoas participantes. COGAMI superou dito compromiso logrando a inserción laboral do 74% das persoas que entraron no mes de xaneiro no programa.


Publicidade

COGAMI desenvolveu o programa Integrado a través dun convenio entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e Cermi Galicia, entidade da que forma parte COGAMI, para o fomento da empregabilidade das persoas con discapacidade en Galicia a través dos fondos da Unión Europea Next Generation EU vinculados ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR), de apoio ao investimento para lograr unha recuperación sostible, dinámica e resiliente do mercado de traballo.


O proxecto conta cunha serie de accións que inician nunha entrevista personalizada para establecer a diagnose sobre a empregabilidade da persoa, para trazar un itinerario profesional personalizado. Nesta entrevista, a profesional de inserción laboral coñecerá as capacidades e aspectos a traballar para cando a persoa afronte un posto de traballo.


Publicidade

A formación é unha das apostas para acadar melloras de inserción. Os cursos impartidos neste programa trataron temáticas como: auxiliar de almacén e manexo de carretilla, comercio, atención ao cliente, auxiliar de servizos e manipulador de alimentos. En total impartíronse 327 horas en formación nas que se formaron 83 persoas.


Co fin de que a persoa medre tanto persoal como profesionalmente, o programa integra accións complementarias como información, orientación e asesoramento, formación e prácticas laborais, técnicas de motivación para a busca de emprego, obradoiros para afrontar unha entrevista de traballo ou sobre competencias dixitais e manexo das TIC, ademais de intermediación laboral e prospección de empresas.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page