Ecos da Comarca/Xeral
Un pescador aparece falecido no río, preto do encoro de Vilagudín, Ordes. Os Bombeiros de Ordes sacaron o corpo do río esta madrugada. A familia alertou da súa falta a través dunha chamada ao 112 Galicia pasada esta medianoite.
En concreto, indicaron que eran arredor das sete da tarde de onte cando o home saíu da casa para pescar na contorna da área recreativa de Vilagudín, Ordes. Alí acudiron os familiares ante a demora do falecido, e malia que atoparon o seu vehículo, ningún sinal do home.
Publicidade
Pouco despois, o corpo sen vida foi localizado na auga, a uns 60 metros da beira. Para poder recuperar o cadáver, eran necesarios, pois, recursos de salvamento, polo que foron informados os Bombeiros de Ordes, mentres a Garda Civil tramitaba, tamén, a mobilización de medios acuáticos. Sen embargo, bastaron os efectivos do parque comarcal e os axentes de seguridade, así como o seus instrumentais para poder sacar o corpo do río.
Ademais, foron alertados os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aínda que simplemente puideron confirmar o falecemento do pescador.
Comentarios