Ecos da Comarca/Lalín
O 112 de Galicia informa que un operario resultou ferido este martes ao caerlle un tubo enriba nas instalacións dunha empresa de Lalín. O traballador accidentado foi evacuado en helicóptero ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
Publicidade
Dez minutos antes das 13 horas, o 112 Galicia recibiu unha chamada por parte de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, na que se explicou que o implicado estaba manipulando un tubo nunha empresa da rúa C cando este caeulle enriba. Confirmouse desde o primeiro momento que o ferido estaba liberado, pero precisaba atención médica urxente.
No operativo colaboraron, ademais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os axentes da Garda Civil e os membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Lalín.
Publicidade
Por último, e tras ser atendido no lugar dos feitos, o traballador foi evacuado ao hospital compostelán polos profesionais sanitarios a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.
Commenti