Laura Moure/Palas de Rei
Este sábado orixinouse un lume forestal no municipio de Palas de Rei, en concreto na parroquia de Filgueira.

Segundo os datos proporcionados pola Consellería de Medio Rural, o lume iniciouse ás 14:35 horas e quedou extinguido ás 16:40 horas.
Afectou a 1,5 hectáreas de monte raso. Mobilizáronse para a súa extinción dous axentes, dúas brigadas, tres motobombas e dous avións. Tamén participou nos labores de extinción a motobomba do Concello e tamén se desprazou ao lugar Protección Civil do municipio.
Comments