Ecos da Comarca/Xeral
A atracción experimentou un fallo, o que provocou que unha barra do asento golpease as menores, que estaban a bordo e resultaron feridas de carácter leve. As afectadas foron evacuadas polo equipo sanitario ata o centro hospitalario de referencia para valoración médica.
Publicidade
O incidente ocorreu ás 22:30 horas da noite de onte, preto do pavillón onde están instaladas as atraccións que facen parte das celebracións das festas da cidade de Lugo durante estes días. A chamada ao 112 Galicia foi realizada polo servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que indicaban o desprazamento dunha das súas ambulancias ata o lugar para atender ás menores feridas.
Publicidade
Co fin de prestar apoio e respaldo ao persoal sanitario, desde o 112 pasouse aviso aos axentes da Policía Local, Nacional e Autonómica.
Comments