top of page

Un condutor perde a vida en Betanzos tras unha colisión cun camión

Ecos da Comarca/Xeral

Un condutor perde a vida en Betanzos tras unha colisión cun camión. A consecuencia do impacto, tamén resultou ferido o condutor do camión. Segundo a información recollida no 112 Galicia, o accidente produciuse pasadas as nove desta mañá na N-VI, no punto quilométrico 574, ao paso por Betanzos.

ree
Foto de arquivo.

Foi unha persoa particular quen alertou a través do número único europeo de atención ás emerxencias. Indicou que chocaran un turismo e un camión, e que o impacto provocara danos importantes no turismo. De feito, a vítima estaba atrapada.


Publicidade

ree
Preme na imaxe para obter máis información!

Deste xeito, pediuse a colaboración dos Bombeiros de Betanzos, así como dos voluntarios de Protección Civil e dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local. De igual modo, solicitouse a intervención dos equipos de limpeza e mantemento da vía co fin de restablecer as condicións de seguridade.


Publicidade

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Tras realizar as xestións pertinentes, os axentes de seguridade confirmaron que o falecido era o único ocupante do vehículo, e que os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 nada puideron facer por el. A vítima é un home de 61 anos, veciño de Irixoa.


Arestora, os Bombeiros de Betanzos agardan instruccións para poder liberar o corpo. 



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page