Ecos da Comarca/Lalín
Esta mañá rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Lalín. O suceso ocorreu na N-525 á altura da parroquia de Catasós. O 112 Galicia foi alertado ás 10:25 horas.

Tal e como informa o 112 Galicia foi unha saída de vía e como podemos ver na imaxe como consecuencia o vehículo quedou envorcado.
"Cando nos chamaron indicáronos que os ocupantes do vehículo estaban moi nerviosos. Tempo despois o GES de Lalín comunicounos que unha muller foi traslada ao centro médico por precaución", sinala o 112.
Ademais de Emerxencias Lalín, o 112 tamén informou ao 061, aos Bombeiros de Deza, á Policía Local e á Garda Civil.
コメント