top of page

Un coche envorca en Lalín

Ecos da Comarca/Lalín

O accidente de hoxe. Autor: Emerxencias Lalín


Este venres produciuse un accidente no municipio de Lalín que se saldou cunha persoa ferida. O suceso ocorreu na N-525 preto do polígono Lalín 2000. O 112 Galicia foi alertado por un particular ás 10:56 horas.

Publicidade

"Tratouse dunha saída de vía e como consecuencia o vehículo envorcou. Unha persoa resultou ferida, pero estaba accesible e liberada", informa o 112 Galicia.


Publicidade

Con estes datos, deu aviso a Urxencias Sanitarias, Emerxencias Lalín, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Deza e ao Servizo de Mantemento da Estrada.


Foi necesario desviar o tráfico, porque o coche obstaculizaba a circulación.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page