top of page

Un atropelo no municipio de Monterroso sáldase cunha persoa maior ferida

7 sept 2022
1 min de lectura

IsmaelRS/Monterroso

Foto de Arquivo

Esta mañá ás 11.30 horas unha señora de avanzada idade foi atropelada na c/ de La Paz á altura do Bar Bruxelas, pertencente á parroquia de Esporiz, no municipio de Monterroso. A voz de alarma dérona os servizos sanitarios, que comunicaron ao 112 Galicia que ían trasladar unha ambulancia ao lugar do suceso. Con estes datos, o 112 Galicia, puxo estos feitos en coñecemento do GES de Monterroso e da Garda Civil de Tráfico.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Á finalización do operativo, o GES de Monterroso confirmou ao 112 Galicia que a persoa atropelada estaba consciente en todo momento e que se queixaba dun dor nun brazo e tamén na cabeza. Foi necesario o traslado ao hospital de referencia para proceder a realizar as probas pertinentes, e ver o alcance das lesións.
















































Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page