top of page

UCIN Boiro: "Altri non é compatible coa supervivencia da ría de Arousa e do Barbanza"

Ecos da Comarca/Xeral

UCIN Boiro manifesta "o noso desacordo co proxecto de Altri en Palas de rei e relatamos un resumen dalgúns dos nosos motivos para amosar a nosa posición en contra desta

industria e a súa inminente implantación unha vez remate o procedemento de alegacións".


No Artigo 45.2 da Constitución Española di: “Os poderes públicos velarán pola utilización racional de todos os recursos naturais, co fin de protexer e mellorar a calidade de vida e defender e restaurar o medio ambiente, apoiándose na indispensable solidariedade colectiva”. Este artigo, entre outros, sinala, 2deixa fóra da constitucionalidade un proxecto deste calado nunha zona rodeada de zonas protexidos dende as beiras do río Ulla ata o Parque Nacional das Illas Atlánticas, un tesouro natural galego cúspide e claro emblema da nosa aposta colectiva autonómica co tesouro ecolóxico galego".

Así mesmo, sinala que "a publicación sobre como a Rede Natura 2000 e os seus hábitats presentes nesta zona non son compatibles co proxecto de Altri en Palas de rei". [“La zona onde se pretende instalar la fábrica podría afectar a 4 especies protegidas: Santolina

melidensis, Armeria merinoi, Leucanthemum gallaecicum y Centaurea gallaecica, todas ellas ya catalogadas en el DECRETO 88/2007, que se regula en el Catálogo gallego de especies amenazadas. Son 3 las que figuran como “En peligro de extinción“ y solo una como especie Vulnerable” ]


"O Plan hidrolóxico vixente para a Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, conta cun programa de medidas e unha normativa coas que se pretende conseguir unha xestión integrada e a protección a longo prazo dos recursos hídricos, a prevención e deterioro do estado das augas, a protección e mellora do medio ambiente e dos ecosistemas acuáticos, a redución da contaminación e prevención dos efectos de inundacións e secas. Tanto esas secas como esa prevención do estado da auga son fundamentais para que a Xunta de Galicia paralice todo proxecto contaminante que afecte a conca do Ulla como a ría de Arousa para exercer as súas función públicas respectando as leis e as súas responsabilidades públicas", recalca este partido político.


Engade ademais que "o Ulla foi un río cristalino é tivo as súas augas incoloras, inodoras e insípidas, feito directo que propiciou que a ría de Arousa fose referente marisqueiro de Galicia e de España. O Ulla foi un río limpo, cristalino e vivo ata finais do século XIX, cando era famoso polos salmóns que remontaban o seu curso e subían polo resto da rede fluvial,

espallando o mexillón de río, Margaritifera margaritifera, especie en perigo de extinción protexida, un auténtico fósil vivente ademais de ser un bio-indicador da súa riqueza e saúde do río. Nalgunhas publicacións antigas o Ulla foi denominado como o "o río dos 800.000 salmóns" e a situación no 2024 semella grave polas publicacións dos especialistas en ecoloxía en 2024".


Publicidade

E apunta a que " o río Ulla xa ten proxectos contaminantes afectando a ría de Arousa, o río Ulla e a vida dos veciños e veciñas de Noia, do Barbanza e dos Concellos da contorna da ría de Arousa e na contorna da inmensa conca do Ulla.

1/ As canteiras de serpentina de Melide e os vertidos do polígono industrial.

2/ A construción do enorme encoro de “Portodemouros”.

3/ As minas de Touro e os vertidos urbano-industriais que se depositan na zona

mineira abandonada.

4/ A minería de “Fontao-Saidres”, que realizou vertidos ao Deza, afectando tamén.

5/ A EDAR de Lalín, xa obsoleta, construída para depurar o inseparable (unha mestura de augas pluviais e residuais)

6/ A EDAR do Polígono Industrial de Botos que tragou todo tipo de vertidos.

7/ A EDAR da “Silvouta”, Santiago, insuficiente para realizar as súas funcións.

E agora queren implantar o número 8, Altri, para rematar coa vida do Ulla e da nosa

ría de Arousa".


Por isto, UCIN Boiro "non quere fume e vertidos tóxicos no encoro de Portodemouros. E

entendemos que ALTRI representa o último estoque dun río emblemático de Galicia, o que desemboca na nosa ría de Arousa, a mellor ría do mundo !!!!! E por todo o xa exposto neste resumo solicitamos a paralización inmediata deste proxecto industrial que dana os intereses colectivos dunha parte importante de Galicia da que nos entendemos parte afectada, en representación política, dos intereses dos nosos veciños e veciñas".



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page