top of page

Touro organiza un curso de restauración e tapicería e outro de fruticultura, poda e inxertos

Ambos serán no mes de febreiro e hai prazas limitadas


Laura Moure/Touro

O Concello de Touro organiza para o vindeiro mes dous cursos: un de restauración e tapicería e outro de fruticultura, poda e inxertos.

O primeiro deles será todos os mércores de febreiro (1, 8, 15 e 22) de 17:00 a 20:00 horas e o segundo todos os sábados de febreiro (4, 11, 18 e 25), de 16:00 a 19:20 horas. Terán lugar na Casa da Cultura.

En ambos hai prazas limitadas. Os interesados en asistir deben inscribirse previamente a través dos teléfonos 981 81 45 66 ou 981 50 40 29 ou a través do correo cultura@concellodetouro.gal


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page