Ademais, a maioría dos domingos de outubro e novembro haberá teatro, maxia ou cine
Laura Moure/Touro
O Concello de Touro dá a coñecer distintas actividades para os vindeiros días. Así o 21 de outubro acollerá as XIV Xornadas Micolóxicas e un showcooking de produtos de outono. Ademais, ao longo de outubro e novembro haberá teatro, maxia ou cine na maioría dos domingos.
Por un lado, a xornada micolóxica terá a seguinte programación:
9:45 h. Encontro ao lado da igrexa (Fonte Díaz).
10:00 a 13:30 h. Saída ao monte (Roteiro).
17:00 a 18:30 h. Exposición e explicación de especies colleitadas.
18:30 h. Charla 'Algúns cogumelos bos comestibles'. O prezo é de 5 euros. Hai 40 prazas polo que é necesario inscribirse no departamento de Cultura ou no teléfono 981 504 029. O prazo para anotarse será do 5 ao 18 de outubro
Publicidade
Por outra banda, o showcooking de produtos de outono con degustación será de 20 a 21 horas a cargo de José Carlos Gómez, xefe de cociña do Pazo de Toubes e veciño de Touro.
O prezo é de 3 euros. Hai 35 prazas polo que é necesario anotarse tamén no departamento de Cultura ou no teléfono 981 504 029. O prazo para inscribirse será do 5 ao 18 de outubro
Mentres, os domingos os interesados poderán gozar dos seguintes espectáculos:
Mago Paco co espectáculo Hocus Pocus domingo 8 de outubro ás 18:00 h. Romaría San Breixo Foxás
Ghazafelhos co espectáculo Travesía Unicornio domingo 15 de outubro ás 17:00 h. Casa da Cultura
Trémola Teatro co espectáculo A Pequena Gran Inventora domingo 22 de outubro ás 17:00h. Casa da Cultura.
Publicidade
Proxección da película Gisaku domingo 12 de novembro ás 18:00h. Pavillón Municipal
Dani Polo co espectáculo Combina domingo 19 de novembro ás 17:00h. Casa da Cultura
Teatro del Andamio co espectáculo A Nova Historia da Cigarra e a Formiga o domingo 26 de novembro ás 17:00h. Casa da Cultura
Comments