Suministros Eva Ríos gaña o 1º premio da categoría comercial e a ANPA de Monterroso, o da asociativa
Argalleiras Creacións consegue o segundo galardón da primeira modalidade desta terceira do concurso convocado polo Concello de Monterroso
Laura Moure/Monterroso

O Concello de Monterroso fixo público hoxe os gañadores da terceira edición do seu concurso de decoración de Nadal. Na categoría comercial Suministros Eva Ríos alzouse co primeiro premio que consiste en 300 euros e o segundo, de 250, recaeu en Argalleiras Creacións. Mentres na modalidade asociativa o primeiro posto foi para a ANPA do CEIP Plurilingüe de Monterroso que se leva 200 euros. Todos os premios son tarxetas moedeiro para gastar en locais do municipio.
Na modalidade comercial presentáronse seis locais. Poden verse os seus escaparates no seguinte vídeo:
Pode obterse máis información deste concurso nas bases a través deste enlace:








Comentarios