top of page

Somos 140 medios comunicando na nosa lingua!

O día 7 celébrase o Día de Medios en Galego e a Asociación de Medios en Galego celébrao cun concerto de Grande Amore e Ortiga


Laura Moure/IsmaelRS/Xeral

ECOS DA COMARCA tíñao claro! A nosa lingua tiña que ser a nosa vía de comunicación para informarvos. Os galegos temos de todo, incluído, o noso idioma, que é un gran tesouro. Hoxe a Asociación de Medios en Galego (Amega) indicounos que xa somos 140 medios en galego, que cada ano seguimos medrando e iso é marabilloso! Move a lingua!, como di a Amega.

"O ano pasado xuntaramos máis de 100, e este ano quedamos impresionados ao atoparmos 40 novas propostas comunicativas na lingua", sinala o colectivo. Podedes ver a listaxe (na que tamén aparecemos nós!!!) na seguinte ligazón:


E en breve estamos de celebración! Porque cada 7 de febreiro Galicia celebra o Día dos Medios en Galego. Unha data que lembra a saída da primeira publicación xornalística realizada integramente na nosa lingua. Aló por 1876, Valentín Lamas Carvajal editaba en Ourense O Tío Marcos d’A Portela.


E con motivo desta data tan importante, a Asociación de Medios en Galego organiza unha xornada festiva con dúas das referencias máis relevantes no panorama musical galego.


O xoves 9 de febreiro, a partir das 20:30 horas, e en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Concello de Santiago, organiza un minifestival de música galega contemporánea na Sala Capitol cos concertos de Grande Amore e Ortiga.

O evento será de balde ata completar aforo, pero cómpre sacar as entradas a partir das 12:00 horas deste xoves 2 de febreiro en www.ataquilla.com e www.salacapitol.com.


"Previamente, celebraremos o Día dos Medios en Galego o propio 7 de febreiro, cunha rolda de prensa de presentación no Pazo de San Roque, na sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística, ás 11:00h, coa presencia de Valentín García (SXPL), Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural de Santiago, e o artista Ortiga".

Os interesados poden obter máis información nos seguintes enlaces:


0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page