top of page

Sobrado celebra o XVIII Festival Musical Intercultural da Xuventude e a XXIII Feira da Troita os días 10 e 11

Ecos da Comarca/Sobrado dos Monxes

O XVIII Festival Musical Intercultural da Xuventude de Sobrado dos Monxes celebrarase o vindeiro sábado 10 de agosto, que será a antesala da XXIII Feira da Troita, que terá lugar o domingo 11 dese mesmo mes.

Asistentes á Feira da Troita o ano pasado. Autor: Ecos da Comarca.

"Logo de rematar a "Corretroita" quentaremos motores na Praza do Concello coa música de Los Alcántara a partirdas 20:30 horas. Ás 22.30 horas cambiaremos de ubicación. Dirixirémonos á Explanada do Pavillón Polideportivo Municipal. The Nunzia´s primeiro e os valenciáns Seguridad Social de seguido, vivirán de primeira man o que significa tocar para o sempre entregado público de Sobrado", destaca o Concello.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

A discoteca WILL poñerá fin a unha noite moi especial, antesala do que será a XXIII Edición da Feira da Troita. Estas citas están organizadas polo Concello de Sobrado en colaboración coa Deputación da Coruña.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Toda a información da Feira da Troita no cartel:



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page