top of page

Soberanía enerxética e alimentaria a debate en Antas de Ulla este sábado

Alternativa Veciñal de Antas de Ulla celebra ese día a súa II Xornada temática co foco posto nestas dúas problemáticas que atravesan a actualidade


Laura Moure/Antas de Ulla

Mañá, sábado 1 de outubro, no Hotel Restaurante Val, en Antas de Ulla, a Alternativa Veciñal de Antas de Ulla celebrará a súa segunda xornada temática. Se o ano pasado o colectivo veciñal se centraba no problema dos coidados no rural, este ano faino apostando pola necesidade de abrir no rural o debate sobre os camiños a percorrer nos próximos anos para achegarnos a unha soberanía enerxética e alimentaria, unha menor dependencia a estes dous niveis con respecto a recursos que se ubican a miles de quilómetros de distancia e que nos obrigan a ser dependentes de circunstancias que se demostran cada vez máis inestables.

ree

AVA convida para este debate a seis persoas que traerán experiencias e perspectivas

diversas sobre a cuestión. Por un lado, estará presente Jaime Izquierdo, Comisionado para

el reto demográfico del Gobierno de Asturias, que falará de Moal, unha aldea asturiana que

persegue unha nova economía campesina e enerxética. Doutra banda, Iván Rodríguez,

Xeólogo e Doutor pola Etsi de Montes da UPM, responsable local do Sindicato Labrego

Galego en Lourenzá e experto na docencia universitaria, na consultoría e na administración

ambiental local e rexional, centrarase na crise climática, enerxética e social e en “como

afrontalas dende o persoal e o local para maximizar a resiliencia da poboación afectada”.

Raquel Fernández, polo seu lado, integrante de Amigas da Terra, achegará aos asistentes a realidade das comunidades enerxéticas, “un modelo de organización cidadá para poder

participar en múltiples actividades do sector eléctrico que ata agora estaban vetadas e que promoven a descentralización e a soberanía enerxética”. Complétase o coloquio con Uxio, do Observatorio enerxético de Chantada e membro tamén do Colectivo Afectados/as pola liña do Maxal/San Fiz; e representantes de dúas das explotacións alimentarias máis

importantes da Comarca da Ulloa: Pazo de Vilane e a cooperativas As vacas da Ulloa, que

se centrarán na “necesidade do camiño cara unha soberanía alimentaria e tamén enerxética como horizonte para o modelo produtivo desexable no noso territorio”, segundo comenta Ana Carreira, socia da cooperativa.

ree
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O coloquio terá lugar ás sete da tarde e Alternativa Veciñal de Antas de Ulla agarda que

sexa “un espazo de onde tirar propostas concretas para pór enriba da mesa do pleno de

Antas nos próximos meses para poder ser implementadas na vindeira lexislatura”, afirma

María Gontá, concelleira de AVA.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page