top of page

Silleda repartirá entre a mocidade un agasallo conmemorativo do Día das Letras

Entregaránse tote bags ca imaxe de Luísa Villalta ao longo da vindeira semana nas dependencias da Casa da Xuventude


Laura Moure/Silleda

A Concellería de Normalización Lingüística de Silleda repartirá entre a mocidade empadroada no municipio de Silleda un agasallo conmemorativo do Día das Letras Galegas, adicado este ano a Luísa Villalta. Así, ao longo da vindeira semana, dende o luns día 13 e ata o xoves 16 repartiránse de xeito gratuito (ata esgotar existencias) entre a poboación máis nova, de 12 a 30 anos de idade tote bags cun deseño baseado na figura desta poetisa. Poderán retirarse na Casa da Xuventude, onde tamén se atopan as dependencias da Biblioteca Daniel Castelao, (no número 90 da rúa Trasdeza) presentando o documento de identidade.

Esta acción de difusión enmarcase na programación que está a levar a cabo o Concello de Silleda con motivo do Día das Letras, e que continuará na biblioteca municipal Daniel Castelao (sita no mesmo edificio) o vindeiro luns día 20, ca actividade Luísa Villalta e o violino do vento, para o público infantil.


Publicidade

Deste xeito, dende o Concello de Silleda continúase con actividades de difusión dos autores e autoras homenaxeados nos últimos anos, con distintas propostas para poñer en valor a súa figura entre a poboación máis nova.


Exposición sobre a autora

Por outra banda, tamén no mesmo centro se pode ver durante todo este mes a mostra Viaxe polo Metaverso con Luisa Villalta, unha mostra de carteis elaborada polo CIFP A Carballeira-Marcos Válcárcel, de Ourense, que resultou premiada no Concurso das Letras Galegas 2024 na categoría de secundaria, bacharelato e outras ensinanzas. Este traballo destaca polo seu carácter innovador ao nos amosar a protagonista das Letras Galegas como un avatar que nos convida a percorrer a súa traxectoria persoal e profesional a través do metaverso, e que chega dende a Rede Galega de Bibliotecas Públicas.


Publicidade

Así mesmo, dende os departamentos municipais de Mocidade e Cultura tamén se ten convocado o certame de vídeos Presume de Lingua, que continúa co prazo aberto ata este domingo día 12, con premios que consistirán en vales para gastar nos establecementos do municipio, e que se entregarán o vindeiro venres día 17. Máis información deste concurso no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-concello-de-silleda-convoca-o-certame-de-v%C3%ADdeo-presume-de-lingua-para-celebrar-o-d%C3%ADa-das-letras

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page