top of page

Silleda procedeu ao desengrasado de rúas tras rexistrarse unha avaría na barredora municipal

Operarios do Concello e efectivos do Parque de Bombeiros actuaron en distintos puntos ante o perigo de caídas


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda activou este venres un operativo especial logo de rexistrarse varias incidencias nalgúnhas rúas da capital municipal. Unha avaría mecánica na barredora municipal (posiblemente a rotura dun latiguillo) fixo que a primeira hora da mañá se desprendese aceite en varios puntos da vila, ocasionando posibles situacións de perigo para as persoas viandantes.


Publicidade

Así, operarios municipais procederon ao lavado e posterior aplicación dun produto desengrasante en puntos como a rúa Progreso e Outeiro. Tamén efectivos do Parque Intercomarcal de Bombeiros reforzaron a operación na zona da rúa Emilio Alonso Paz.


Dende o Concello de Silleda apélase a extremar a precaución á hora de circular por estes tramos nas próximas horas por se aínda quedaran restos de aceite.


Publicidade


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page