top of page
Foto del escritorLaura Moure

Silleda pon en marcha a segunda campaña da recollida de plásticos agrícolas do ano

Apróbase por unanimidade a contratación da rexeneración urbana na praza da Bandeira e o seu entorno


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda porá en marcha nas vindeiras semanas a que será a segunda fase do ano da Campaña de recollida de plásticos agrícolas e invernadoiros de 2023, un servizo

gratuíto para as explotacións do municipio. A campaña, organizada dende os departamentos de Medio Ambiente e Medio Rural, que dirixen respectivamente Paula Fernández e Jesús Taboada, está prevista que se execute na semana do 23 ao 27 de outubro por parte da UTE Silleda Sostible.


As persoas interesadas en dispoñer deste servizo de recollida porta a porta, deben chamar ao número 900 909 744, en horario de 8:00 a 13:00 horas, todos os días agás fins de semana. Deben indicar nome, enderezo, teléfono e ubicación dos plásticos. As solicitudes recolleranse ata o xoves 19 de outubro.

Así mesmo lémbrase que só se recollerán plásticos agrícolas e de invernadoiro, que hai que evitar metelos en sacas big-bag que dificultan o proceso de reciclado e que estes fardos deberán ter a menor suciedade posible. Non poderán conter outras materias impropias como garrafas, fíos de empacar, rodas, tubaxes de PVC, e ser depositados nun lugar libre de obstáculos, coma árbores, maquinaria etc. para facilitar a retirada.


Esta será a décimo sexta edición desta campaña de recollida de plásticos, que se realiza en Silleda dúas veces ao ano, en primavera e no outono. Está previsto que nos vindeiros días se coloquen bandos informativos para a veciñanza. As campañas que se realizan en Silleda dende hai xa máis de 15 anos son todo un éxito, cunha retirada destes elementos contaminantes moi significativa.


Publicidade

Por outra banda, este luns tivo lugar un pleno extraordinario nesta localidade para aprobar o expediente de contratación dunha das actuacións máis ambiciosas da lexislatura: a mellora e rexeneración urbana da praza da Bandeira e a súa contorna, cun investimento de máis de 1 millón de euros. Deste xeito, cúmprese co prazo establecido ca subvención do programa DUS 5000, do Instituto de Diversificación e Aforro Enerxético (IDAE) do Estado, que financia a obra nun 80%.


Despois de aprobar, por unanimidade dos grupos, na última sesión ordinaria o proxecto e acordar o inicio da contratación, onte aprobáronse o expediente de contratación, por importe de 1.053.739,23 euros, e tamén os pregos que rexerán dita contratación, por procedemento aberto, desta actuación, sendo o Pleno o órgano competente pola contía

da actuación. O grupo do PP preocupouse polo comezo das obras, as cales teñen nove

meses para executarse a partir da sinatura do contrato. Mentres tanto, os membros do BNG expuxeron as súas dúbidas sobre as melloras contempladas no proxecto, melloras como o soterramento das liñas eléctricas e a colocación dunha baranda.


Publicidade

A redacción do proxecto financiouse ademais con cargo á Rede Ágora da Deputación de Pontevedra, da que o Concello de Silleda forma parte, cumprindo cas liñas do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) do municipio. Conta ademais cas pertinentes autorizacións de Patrimonio, do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, informes técnicos así como cos informes favorables de Secretaría e Intervención.


A remodelación non só afectará á praza Juan Salgueiro da localidade, senón que tamén rexenerará as rúas de todo o entorno, incluída a urbanización da rúa Travesía de Vista Alegre.

0 comentarios

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page