top of page

Silleda entrega a paga extra de Nadal, de 1.000 euros para gastar no comercio e na hostalería local

Maria Carmen de la Fuente Soto, veciña de Siador, é a persoa agraciada co premio dentro da campaña de Nadal de apoio o comercio


Laura Moure/Silleda

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, e a concelleira de Comercio, Pili Peón, fixeron entrega no Concello de Silleda da paga extra de Nadal á agraciada cos 1.000 euros para gastar no

comercio e a hostalería local durante este mes de xaneiro. No sorteo celebrado o pasado día 5 de xaneiro, no marco do que celebrou o colectivo ECOS cos vales de compra outorgados polo colectivo entre todas as tarxetas seladas durante a campaña de Nadal, resultou agraciada con este premio Maria del Carmen De la Fuente Soto, veciña de Siador.


O premio consiste en gastar no comercio ou na hostalería local durante este mes, facendo compras por importe total de 1.000 euros. Esta iniciativa súmase a outras recentes como o certame Silleda Fai Nadal, de decoración, con premios que repartiron outros máis de 2.000 euros tamén para gastar nas tendas e establecementos hostaleiros do municipio.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page