O investimento previsto é de 90.055 euros
A parroquia de Escuadro
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda continúa ca tramitación de proxectos para a mellora viaria do municipio. Así, e con cargo ao Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas 2021-2022, coñecido como Plan Marco, levarase a cabo a reforma integral de dous viais na parroquia de Escuadro.
Trátase das pistas de Cumbraos e Balántiga, dous tramos que acusan un notable deterioro e que se atopan nunha zona cunha alta concentración de explotacións agrogandeiras. O proxecto estima un orzamento para o arranxo destes dous viais de 90.055 euros.
Esta actuación virá sumarse a outras previstas para as vindeiras semanas cas que se continuará mellorando a extensa rede viaria de Silleda no rural, tal e como avanza o Concello. Así, e dentro do Plan Concellos 2020, executaránse obras de mellora en sete viais: Camiño do Foxo (un vial cercano á vila de Silleda); no lugar de Cimadevila, na parroquia de Escuadro; en O Marco, na parroquia de Siador, e a pista de Maril, en Fiestras. Tamén se inclúe outro vial en O Ribeirao (Negreiros) e outras dúas en Manduas, no tramo de Vilaverde-Medelo e en A Moa. O investimento previsto é de 250.000 euros.
Por outra banda, está xa en marcha a mellora da pista que une Negreiros e O Castro, que contará con novo aglomerado tamén a través do Plan Marco.
Commenti