top of page

Silleda aportará este ano 17.000 euros para o Programa de Atención Integral a Persoas con alzhéimer

Laura Moure/Silleda

O programa de Intervención Integral a Persoas con alzhéimer e familias coidadoras que desenvolve o Concello de Silleda a través da Asociación de Familiares de Enfermos de alzhéimer e outras demencias da provincia de Pontevedra (Afapo) continuará ao longo deste ano no municipio. A xunta de goberno Local vén de dar o visto boa o acordo polo que o Concello de Silleda, dende o departamento de Benestar Social, que dirixe Ángela Troitiño, aportará 17.190 euros do orzamento para levar a cabo as accións asistenciais do programa.


O programa arrancou cas valoracións das persoas que participarán este ano, se ben as limitacións que entraron en vigor pola expansión da pandemia obrigaron a facer reaxustes, polo que de momento non se están a celebrar os obradoiros de terapia cognitiva. As familias, ao igual que aconteceu o pasado ano durante o confinamento, serán atendidas de xeito telemático, reforzando nalgún caso puntual tamén a atención psicolóxica, moi necesaria tamén pola situación sociosanitaria que se está a vivir.


“Estamos moi satisfeitos con este programa integral que se iniciou xa no ano 2014 e que tan bos resultados está a dar, non só para os veciños e veciños que padecen esta doenza senón tamén para as súas familias, con consellos e indicacións que moitas veces se descoñecen”, sinala a concelleira Ángela Troitiño.


Obxectivos

Dende AFAPO, o seu presidente, José Manuel Fontenla, explica que entre os obxectivos deste programa de intervención integral figuran axudar ás familias a comprender a importancia no coidado dos enfermos e previr situaciónns de desgaste físico e/ou emocional, que poidan derivar en estrés crónico, e tamén ralentizar na medida do posible o deterioro cognitivo, pérdida de memoria, de mobilidade e función motoras que presentas as persoas con demencias.

A mellora da calidade de vida, tanto das familias como dos enfermos é o reto específico desta actuación que comezou a desenonverse en Silleda no ano 2014. “O coidado e benestar dos nosos maiores e das persoas que padecen enfermedades coma esta é unha das preocupacións deste goberno municipal, que se manifesta coa posta en marcha de iniciativas coma esta”, sinala a concelleira.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page