A longo do mes instalaranse puntos informativos e de entrega dos caldeiros
aireados para trasladar os residuos orgánicos
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda vén de activar a campaña para implantar a recollida de residuos orgánicos no municipio, a través do denominado colector marrón. Nos vindeiros días remitirase aos domicilios de Silleda e da Bandeira material informativo sobre esta iniciativa, que se implantará nos dous cascos urbanos.
A partir do 1 de xaneiro os colectores estarán nas rúas das dúas localidades, para a recollida de restos de comida e vexetais.
Publicidade
Para facilitar a adaptación da veciñanza a este novo sistema de recollida selectiva do lixo, ao longo do mes de xaneiro instalaranse tamén puntos informativos nos que ademais se entregará á veciñanza os caldeiros aireados para utilizar nos domicilios, con 10 litros de capacidade. No caso dos grandes xeradores (como por exemplo establecementos hostaleiros), os recipientes serán de maiores dimensión (60 litros).
Sistema de apertura con chave
Estes colectores disponen dun sistema de apertura con chave, para garantir aue non se
depositen restos impropios no seu interior. Durante as primeiras semanas do ano os colectores estarán abertos para que a veciñanza se familiarice con eles, e a continuación entregarase unha chave por domicilio.
Publicidade
O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, presentou xunto con outros membros do goberno municipal os caldeiros e o modelo de colector que estará nas dúas vilas nas vindeiras
semanas.
“Logo de por en marcha diferentes medidas para garantir o mellor modelo de tratamento de residuos, como a creación de Silleda Sostible, a implantación da recollida selectiva no rural, ou o programa Compóstate ben, Silleda da un paso máis convertíndose no primeiro municipio de Deza en dar cumprimento aos prazos legais establecidos para implanta a recollida de residuos orgánicos”, indica Cuiña.
Publicidade
Todas as accións están coordinadas dende o departamento municipal de Medio Ambiente que dirixe Paula Fernández, quen destaca a importancia da participaciónactiva da veciñanza na recollida selectiva como unha das claves para o éxito desta implantación.
Comments