Este asunto será tratado no pleno no que tamén se aprobará a Relación de Postos de Traballo do Concello
Ecos da Comarca/Silleda
O Pleno ordinario de Silleda correspondente a este mes inclúe na orde do día, como xa se avanzou nas pasadas xornadas, a aprobación da Relación de Postos de Traballo do Concello. "Con este paso, una vez aprobada incialmente e exposta ao público, avánzase no proceso para a mellora das condicións laborais do personal municipal", sinala o Concello.

Trala aprobación deste documento, dende o Concello procederase ao proceso de estabilización das 37 persoas que forman parte da plantilla municipal. Na orde do día figura tamén a bonificación do ICIO para o proxecto de instalación dunha planta de biogás na Bandeira, promovida por Frigoríficos Bandeira. "Trátase dun proxecto singular que recibirá unha das maiors axudas en Galicia do Ministerio para a Transición Ecolóxica a
través do IDAE, promovendo a economía circular ao xerar enerxía cos residuos da propia instalación", resalta o goberno local. "A ordenanza municipal de Silleda permite outorgar, a través do Pleno da Corporación a bonificación do 95% deste imposto a entidades que promovan proxectos estratéxicos como é o caso", engade.
O pleno inclúe tamén o debate de mocións presentadas polo Partido Popular: unha con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día da Eliminación da Violencia contra as Mulleres; outra sobre as peaxes das autoestrada estatais AP-9 e AP-53 e a terceira para solicitar ao goberno de España a NON revisión do delito de sedición.
Comments