top of page

Sanidade habilita o teléfono 900 400 116 para obter o certificado de vacinación

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Un total 383.282 persoas xa contan co certificado galego de vacinación, e 426.984 descargaron o certificado europeo


Laura Moure/Xeral

A Consellería de Sanidade, vén de habilitar unha nova modalidade para obter o certificado de vacinación Covid-19, a través do número de teléfono 900 400 116. Deste xeito, as persoas que así o desexen poderán solicitar o seu documento oficial de vacinación por medio dunha chamada telefónica, tras a que recibirán unha mensaxe SMS cunha ligazón na que estará dispoñible o seu certificado para descargar.

Esta nova opción engádese ás xa existentes até o de agora: a través do portal E-Saúde do Servizo Galego de Saúde, por medio das aplicacións Sergas Móbil e Passcovid, ou ben, solicitando a súa impresión nas oficinas de farmacia galegas.


Na actualidade, un total de 383.282 persoas xa contan co certificado galego de vacinación. Así mesmo, e no que atinxe aos diferentes certificados europeos vencellados á covid, 426.984 persoas descargaron o certificado de vacinación comunitario –dos que 249.942 se expediron pola vía dixital-; 4.998 persoas solicitaron o certificado de recuperación, mentres que 2.325, descargaron o certificado de probas europeo.


Máis de 4.000 persoas solicitan a vacinación

En canto ao sistema de autocitación posto en marcha pola Xunta de Galicia para vacinarse, e cuxos destinatarios iniciais son a poboación estudantil internacional e as persoas maiores de 50 anos que aínda non recibiran ningunha das doses da vacina, nestes intres, un total de 4.326 persoas xa concertaron a súa cita por este medio. Nomeadamente, estas solicitudes foron rexistradas por 1.198 estudantes internacionais, e 3.128 persoas maiores de 50 anos.

0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page