top of page

San Pedro de Meixide en Palas de Rei celebra hoxe e mañá as súas festas

Laura Moure/Palas de Rei

A parroquia de San Pedro de Meixide, no concello de Palas de Rei, celebrará esta fin de semana, os días 27 e 28 de xuño, as súas tradicionais festas na honra a San Pedro, cun programa que combina os actos relixiosos coa música e sorteos.

Nuria Paredes e Alexia Villamor, a comisión de festas, co cartel no campo da festa. Autor: Ecos da Comarca.
Nuria Paredes e Alexia Villamor, a comisión de festas, co cartel no campo da festa. Autor: Ecos da Comarca.

A programación dará comezo hoxe, sábado 27 de xuño cunha misa solemne ás 13:00 horas, seguida da sesión vermú amenizada polo Dúo Stylo. Pola noite, a partir das 23:00 horas, a verbena estará a cargo do Dúo Stylo, mentres que o peche da xornada correrá por conta do DJ Maikstyle.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A celebración continuará mañá, domingo 28 de xuño cunha nova misa solemne ás 13:00 horas. A continuación terá lugar unha macro sesión vermú coa actuación do Dúo Son de Festa, que será o encargado de poñer a música nesta segunda xornada festiva.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Durante as verbenas dos dous días celebraranse sorteos entre o público asistente. As actuacións desenvolveranse no campo da festa, diante da igrexa de San Pedro, onde a comisión organizadora agarda reunir a veciñanza e visitantes para compartir un completo fin de semana de celebración. Hai carpa.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page