Sabes que flor son?
- Laura Moure
- 24 oct 2022
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Xeral

O outono, ademais de follas secas no chan e de distintas especies de cogumelos, tamén nos trae flores. Entre estas destaca o coñecido como azafrán silvestre que podemos ver estes días nos prados das distintas zonas das comarcas.
Tal e como recolle a magazine online floresyplantas.net o seu nome científico é Colchicum autumnale. É coñecido popularmente en Cataluña como Còlquic, no País Vasco como Azpegarr e en Galicia como Colquico. Ademais, indica que outros nomes populares en español, ademais de azafrán silvestre, son cólquico, mataperros, crocus de otoño, narciso de otoño, quitamerendas e azafrán bastardo.
Características
É unha planta herbácea perenne e bulbosa que pertence á familia Liliaceae. Alcanza unha altura de entre os 10 a 30 centímetros. As súas follas teñen aspecto lanceolado acabado en punta, envolventes na súa base, miden uns 30 centímetros e son de cor verde escuro. As súas flores son de cor rosa lila moi similares ás Crocus sativus (planta do azafrán), pero sen embargo, teñen seis estambres en vez de tres como ten a do azafrán.
Tóxica
Tal e como indican os expertos o seu nome venlle do seu parecido coa planta que produce o azafrán, pero polo contrario, esta é unha planta tóxica.
Pero sabedes que en todas as familias hai unha ovella negra?
ECOS DA COMARCA atopou unha de cor branca na parroquia agoladesa de Berredo, que alí entre todas as lilas, marcaba a diferenza.

Pero en realidade, hai que contar que existen distintas variedades desta planta, como esta de cor branca cuxa denominación é Crocus nevadensis.
Comments