A ilustradora Lidia Cao retratou á poetisa e escritora galega nun enorme mural na fachada posterior do Edificio Multiuses, ao carón do parque que leva o seu nome
Laura Moure/Melide
A localidade melidense loce un enorme mural de Rosalía de Castro. Esta obra de arte acabou esta mañá e a súa artífice é a artista Lidia Cao. Este pode verse na fachada posterior do Edificio Multiusos, ao carón do Parque Rosalía de Castro.

Desta maneira, e tal e como destaca o Concello, inicíase así un proxecto para a eliminación do "feísmo" a través do pintado de murais. Cabe mencionar que en distintos rincóns desta vila poden apreciarse verdadeiras obras de arte en forma de murais que lle aportan colorido e ademais, contribúen a dar unha mellor imaxe da localidade.
A artista
Lidia Cao (Santiago de Compostela, 1997) é unha ilustradora e muralista que a pesar da súa corta traxectoria xa se posicionou como unha das máis destacadas artistas nacionales dentro do seu campo. Ademais, é técnica superior en Ilustración por la EASD Pablo Picasso da Coruña.
Comments