Na VII Xuntanza Empresarial da Asociación de Empresarios de Deza entregáronse os premios cos que o colectivo distingue anualmente aos asociados que destacan pola súa actividade en diferentes eidos
Ecos da Comarca/Deza
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou este sábado na VII Xuntanza Empresarial da Asociación de Empresarios de Deza, onde destacou a colaboración desta entidade na implantación da FP na zona. Non en balde, participaron na elaboración da oferta, a través do Plan Conecta FP e son un elemento fundamental para a empregabilidade dos alumnos destas ensinanzas”, salientou.
Publicidade
O conselleiro destacou a importancia desta xuntanza anual, “o maior encontro empresarial de toda a comarca, con 150 empresas participantes” e felicitou ás entidades premiadas no encontro polo seu compromiso co desenvolvemento económico do Deza.
Nesta VII Xuntanza Empresarial que tivo lugar no Pazo de Bendoiro (Lalín), entregáronse os premios cos que a asociación distingue anualmente aos asociados que destacan pola súa actividade en diferentes eidos.
Publicidade
Nesta ocasión, os galardóns concedidos pola Xunta Directiva da AED son os seguintes:
Premio á traxectoria empresarial: Autocares Meijide.
Premio especial AEDeza: ABANCA.
Premio á internacionalización: Metaldeza.
Premio á innovación: Prefabricados Faro, S.L.
Premio ao emprendemento: Piscofino gourmet (Sonia López Alonso).
Premio ao fomento do galego: Museo y Restaurante Casa do Patrón / Asociación Etnográfica de Codeseda.
Premio do sector do comercio: Librería Álvarez.
Premio do sector da hostalaría: Mesón O Cruce
Comments