top of page

Rodeiro convocará esta semana o pleno para elixir como alcalde a Rubén Perfecto Quintá Quintá

María Dolores Simón Valladares xa recibiu a credencial para converterse na nova concelleira de Camba


O consistorio de Camba.


Laura Moure/Rodeiro

O exacalde de Rodeiro e agora delegado da Xunta en Pontevedra, Luís López, informa que xa se recibiu a credencial da que será a nova concelleira polo que xa se pode convocar o pleno para levar a cabo a elección do novo rexedor rodeirense.


Explica que tras renunciar ao seu cargo de mandatario, o xoves 11 de febreiro, o procedemento que houbo que seguir foi o seguinte: Primeiramente, solicitar á Xunta Electoral Central a credencial que acreditará como concelleira electa a María Dolores Simón Valladares. "A credencial recibiuse a finais desta semana que remata. A que será a nova concelleira debe presentar unha documentación que é obrigatoria antes de tomar posesión", especifica López.

E por último, unha vez presentada a documentación xa se pode convocar o pleno no que se elixirá como alcalde a Rubén Perfecto Quintá Quintá. "Esta semana que vai comezar convocarase o pleno", avanza.


"O feito de que sexa obrigatorio seguir estes pasos non implica que o Concello estea sen alcalde. Ante a ausencia do alcalde titular sempre está o tenente de alcalde como alcalde en funcións. Ten as mesmas funcións e competencias co rexedor titular. En ningún caso hai baleiro de poder nin se perde de facer nada" aclara. "Pode que con todo este procedemento se estivera familiarizado porque non fai moitos meses aconteceu o mesmo no concello veciño de Dozón. Pasaron tres semanas desde a renuncia do alcalde saínte ata a toma de posesión do novo alcalde", lembra o exrexedor.


Unidade por Rodeiro

Sen embargo o grupo da oposición Unidade por Rodeiro cuestiona o prazo de convocarse dito pleno. "O exalcalde manda unha mensaxe masiva para informar como vai ser o proceso de toma de posesión. Supoñemos que minte para limpar a imaxe do novo equipo. O prazo máximo son 10 días e xa pasaron, a incorporación de María non é condicionante, ela pode tomar posesión no seguinte pleno. O PP ten maioría absoluta", recalca.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page