top of page

Renovarán a iluminación, mellorarán a accesibilidade e rehabilitarán o mobilirario urbano da Peneda

10 sept 2022
1 min de lectura

Ademais, tras unha reunión da alcaldesa e o tenente de alcalde coa Xunta, anunciouse a dotación de servizos nesta área recreativa de Monterroso


Laura Moure/Monterroso

A Xunta de Galicia e o Concello de Monterroso mellorarán a contorna da área recreativa da Peneda, tal e como abordaron a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; a alcaldesa, Rocío Seijas, e o tenente de alcalde, Eloy Pérez, durante unha reunión que mantiveron recentemente.

O proxecto, localizado ao carón do nacemento do río Ulla, incluiría a renovación da iluminación, melloras para garantir a accesibilidade, a rehabilitación de mobiliario urbano e a dotación de servizos.

Esta iniciativa, ademais de levar aparellados beneficios como o impulso do emprego verde e o turismo sustentable, tamén contribuirá á conservación ambiental desta contorna.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Os corredores fluviais constitúen un dos principais reservorios de diversidade de especies silvestres de flora e fauna de Galicia e a Xunta traballa para poñer en valor o papel identitario destas arterias naturais, responsables de transportar nutrientes, suavizar o clima galego e vertebrar o territorio.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page