top of page

Reavivouse esta mañá un incendio nunha cheminea en Santiso que prendeu onte pola tarde

Ecos da Comarca/Santiso

ree

Onte, martes, pola tarde, sobre ás 20 horas, orixinouse un incendio nunha cheminea dunha casa do municipio de Santiso, que se reavivou esta mañá.

ree
Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

Tal e como informa o 112 Galicia, este mércores recibiron pasados uns minutos das 8:00 horas un aviso para indicar que volvía a reactivarse o incendio que se iniciara a tarde anterior nunha vivenda do lugar de Barazón Grande, na parroquia de Barazón.

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco!

"Indicáronos que volvera coller calor parte do tellado". Por iso mobilizaron aos Bombeiros de Arzúa e á Garda Civil. "Despois xa nos informaron que fora unha viga que estaba preto da cheminea, pero tanto onte como hoxe non houbo persoas afectadas", apunta o 112 Galicia.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page