top of page

Reabre o complexo municipal da Peneda de Monterroso

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O equipo de goberno está a traballar nun proxecto por fases que acollerá unha gran remodelación desta área


Laura Moure/Monterroso

A área recreativa A Peneda, de Monterroso, reabriu o día 1 de xullo logo de dous anos

pechada por mor do Covid-19. Durante máis de dous meses operarios municipais traballaron a reo para a posta en marcha e adecentando de todo o entorno paisaxístico, centrándose na limpeza de mesas e bancos, no acondicionamento do vaso da piscina,

repoñendo a fontanería das duchas e aseos, mellorando a accesibilidade do complexo e en especial da cafetería, así como a adecuando todo o recinto e accesos, tal e como informa o Concello.

Os operarios acondicionando a área.


En canto a piscina contratouse o seu mantemento e o control de calidade da auga por unha empresa externa. Así mesmo modificaronse as bombas de auga para solventar os problemas que se viñan producindo. Para o control e seguridade na auga foron contratados dous socorristas paramprestar e ampliar o horario de apertura e impartir cursos de natación para nenos e nenas.


Cursos de natación

Os cursos de natación impartiranse de luns a venres con dous grupos de inciación, un de prenatación e outro de perfeccionamento. O horario de apertura ó público das piscinas será de 13:30 horas ás 21:00 horas e os sábados, domingos e festivos de 12:00 a 21:00 horas. Ademais das piscinas as persoas que así o queiran podrán desfrutar e usar o río Ulla xa que o cauce foi limpado despois da autorización de Augas de Galicia.


"A posta a punto do Complexo A Peneda supón cubrir as demandas de veciños e visitantes e que estes podan desfrutar deste entorno paisaxístico e turístico único en Galicia. Sendo conscientes do potencial deste Complexo o equipo de goberno está a traballar nun proxecto por fases que acollerá unha gran remodelación desta área e que na próxima tempada se verán os primeiros grandes cambios", sinala o Concello.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page