top of page

Queda vacante o cargo de xuíz de paz substituto do Concello de Palas de Rei

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Os interesados teñen un prazo de 10 días, desde hoxe, para presentar as solicitudes

Consistorio de Palas.


Laura Moure/Palas de Rei

Por vencemento do período do nomeamento e recibida comunicación da Secretaría de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza, anúnciase a vacante do cargo de Xuíz/a de Paz Substituto/a do Concello de Palas de Rei, tal e como se publicou onte no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. http://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/08-03-2021.pdf#page=43


De conformidade ao que dispoñen os artigos 101 e 102 da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial e artigo 4 e 5.1 do Regulamento 3/1995, de 7 de xuño, dos Xuíces de Paz, corresponde ao pleno do Concello realizar esta elección. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, polo tanto desde hoxe.


As solicitudes presentaranse no Rexistro de entrada deste Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O modelo de instancia atópase a disposición dos interesados nas dependencias municipais e na sede electrónica, onde poderán ser presentadas dentro do prazo establecido. O expediente pode ser examinado na Secretaría do Concello e solicitar a información que se precise en canto a requisitos e condicións do cargo.


Así mesmo, estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello: https://palasderei.sedelectronica.es En caso de non presentarse solicitudes, o pleno da Corporación elixirá libremente, de acordo co previsto no artigo 101.1 da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial e o artigo 4 e 6 do Regulamento 3/1995, de 7 de xuño, dos Xuíces de Paz, comunicando o Acordo ao Xulgado de Primeira Instancia do partido.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page